+ 34 981 850 903
+ 34 627 184 678

Quen somos

Cabanas de Carmen

DO ARTESANATO é unha empresa familiar con sede en Outes (A Coruña) na que vimos desenvolvendo actividades relacionadas co turismo rural e as actividades de lecer na natureza desde o ano 1998.

Ao amparo da experiencia de Casa Rural Perfeuto María, no 2001 continuamos coa nosa aposta pola innovación, dando comezo ao proxecto turístico Cabanas de Carmen, un establecemento singular para o aloxamento de grupos que nos permite aumentar a nosa oferta.

Ao mesmo tempo empezamos a desenvolver un plan de ofertas de actividades complementarias para combinar lecer, natureza e descanso a través da recuperación e creación de varias rutas de sendeirismo no entorno e do desenvolvemento de actividades de geocatching.